Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

N+1- O parrulo feo

Ser diferente aos demais non debe avergoñar a ninguén, o importante é como xestionar esas diferenzas para afrontar o futuro. O PARRULO FEO, torpe e caótico, amoas mediante as técnicas do slapstik (golpes, caídas, acrobacia excéntrica...), a manipulación de obxectos e a acrobacia aérea, un personaxe con grandes dificultades para facer o que se espera del. No desenvolvemento da peza navegará xunto cos espectadores por un mar de emocións soltando amarras onde as súas debilidades se transforman nas súas fortalezas.

Galego

Pajarito- Isolada

A muller nena habita nunha illa afortunada (Eugenio Granell)

O naufraxio dunha paiasa nunha illa, o descubrimento dos limites que nos separan, o xogo, a imaxinación, a locura, porque ninguen se libra de estar tolo.

Un espectáculo en construcción, onde a paiasa Pajarito busca a sua propia linguaxe. Espectáculo de clown, mudo, poetico, na busqueda das metáforas e os xogos mais universais.

Galego

Cía Baya + B-Side

O espectáculo TE VEO deriva da idea de colocar os artistas e o público dentro da cabeza dunha muller e usar os portés acrobáticos (forzas combinadas) e o circo contemporáneo como mecanismo para revelar a estrutura do seu pensamento, da súa mente e do seu mundo interior.

Galego

Javi Javichi- Plato, platito, platete

Logo de vinte anos de espectáculos por todo o mundo, nesta produción o showman Javi Javichy busca a risa en todo momento, utilizando os gags máis clásicos. Combinando rutinas de circo con pratos de porcelana, chapeus, caixas de puros, e acabando cun arriscado numero de rulo americano, Javichy devolve ao público á sempre impresionante tradición dos malabares cun toque de humor

Galego

Simone Romanó- Hop Hop

Hop-Hop é un espectáculo baseado nas artes do circo, no xogo do clown e a interacción co público. As técnicas empregadas son os malabares, o verticalismo, a manipulación de obxectos e a improvisación. A decisión de non empregar  o diálogo leva o espectáculo a un nivel xestual e visual que permite ao espectador entrar empáticamente en contacto co artista e co seu mundo imaxinario.

Galego

Píscore- Concerto con Fusión

Mantendo a anterior e exitosa líña de traballo marcada pola compañía, nesta produción (con)fusionamos música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos, como música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco.

Galego

Cirqueiras

Cirqueiras é unha incrible gala multidisciplinar con varias das mellores artistas galegas do momento.

Conducida por Vanessa Rivas veremos unha destacada escolma de números de diferentes estilos a cargo de Raquel Veganzones, Marta Semprearriba, Ánxela Blanco e Mónica de Nut.

Aéreos, danza, música e humor a cargo dunha destacada selección de mulleres.

Galego

Astronomía no zoo

Todos os sábados desde o 18 de xullo ao 29 de agosto Vigozoo organiza unha actividade para contemplar as estrelas e aprender sobre as constelacións e a importancia que estas teñen sobre a natureza. Tamén se ensinarán nocións básicas de como manexar uns prismáticos e catalexos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo