Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

kanbahiota

Kanbahiota significa reviravolta en portugués de Brasil. Do seu nome até a súa esencia, todo pasa polo movemento. Desde o ano 2002, esta compañía fai do aire o seu escenario. Aprópianse do vento nas prazas e do ambiente no teatro. Calquera recinto é perfecto para acoller o seu característico talento e as súas depuradas técnicas aéreas, que, combinadas cos malabares, a danza, o circo e a maxia son as ferramentas destes artesáns do espectáculo.

Galego

SU.MA

Dúas grandes artistas galegas como Sue Moreno e María Move crean SU.MA para abordar os seu primeiro show baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro (Elefante Elegante).
Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía. Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das interpretes co espectador.

Galego

Pulpiño Viascón e o Sr. Lili

Marcos Aboal Vázquez, coñecido artisticamente como Pulpiño Viascón, é un polifacético artista que forma parte dos Diplomáticos de Monte Alto e ten formado parte de proxectos como Bonovo, o Jarbanzo Negro, Galegoz, Tecpilek, Escupe Escapa, Os Bolechiñas, Maraya Zydeco ou Pulpiño Viascón e os Instrumentos Máxicos. Ademais, colaborou tocando o serrucho e a trompeta con Manu Chao no seu álbum Sibérie m'était contéee e con Susana Seivane. Despois do seu éxito en grupos previos, trae agora unha animacións de rúa itinerantes para todos os públicos.

 

Galego

Viaxes ao imposible

Por cada película que chega ver a luz son moitas as que permanecen no limbo do infilmado. Estas últimas son as únicas películas perfectas porque só existen en potencia, como idea ou como soño, e non sufriron o choque co real. En cambio, as que si chegaron a existir serán sempre e necesariamente imperfectas, un catálogo de compromisos e renuncias e, quizais, dalgúns felices encontros. “Todo é posible a condición de ser o suficientemente insensato”, dixo Orson Welles; pero, como el mesmo descubriría, tal optimismo non era máis ca o obstinado desexo dun rebelde inconformista.

Galego

De paso

Comeza o sorteo da vida. Naces e atopas un mundo por descubrir, un mundo para correr e xirar. Pasa o tempo, os anos, e de súpeto xa non tes tempo para xogar. E sopra o vento, o vento da casualidade, que che fai cóxegas, que te empuxa, que te trae e te leva e pode que con boa sorte che faga bailar, pode que te faga sentir bolboretas no bandullo… E o mundo segue a xirar, aínda que ás veces o intentemos parar.

Galego

A NOVA ARMADURA

A artista interdisciplinar Monica Mura camiñará polas rúas do centro histórico da cidade levando posta “A Nova Armadura”, un artefacto antigo rescatado e actualizado para loitar contra o inimigo invisible da era post Covid-19. A acción quere explorar as dificultades reais que nacen á hora de manter a distancia de seguridade na etapa da nova normalidade, que desde o pasado 21 de xuño fixouse a 1,5 metros. Manter esta distancia física interpersoal, ademais do uso das máscaras, vai ser clave para que as persoas podamos movernos con máis seguridade polo espazo público.

Galego

DIOIVA DE NOMES DE MULLER

‘Dioiva de nomes de muller’ é unha proposta artística que procura reivindicar e divulgar o acervo das creadoras galegas e o seu impacto no patrimonio cultural do noso pobo, a través dun diálogo creativo entre o espazo público e un dos elementos definitorios da nosa idiosincrasia: a chuvia.

Galego

Madre coraje

A guerra sempre foi un negocio. E Ana Fierling sábeo. Por iso camiña cos seus dous fillos e a súa filla a través da barbarie. Mentres serven a distintos bandos e ao mesmo tempo a ningún, se desenlaza esta épica historia cuxo eixo central é a crueldade da supervivencia humana. O materialismo imponse á traxedia, a guerra nos insensibiliza e os seres humanos seguimos sen aprender, cometendo os mesmos erros.  

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo