Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

36 MIT RIBADAVIA 2020 - Leira

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra.

Galego

David Guapo #Quenonosfrunjanlafiesta2

David Guapo é seguramente un dos mellores showmans de España e, sen dúbida, o de maior proxección. En moi pouco tempo pasou de ser un perfecto descoñecido a ser un fenómeno de masas.

Os seus espectáculos son un despregamento de talento: acting, improvisación e música combinados sempre co mellor humor, ironía e desenvoltura, nun ton branco e familiar que o fai apto para todos os públicos.

Galego

Fantastic Colofón

O Fantastic Colofon é o espectáculo de clausura do EMHU. Trátase dunha gala creada para o festival e da que só haberá unha representación. Non a podes perder!

Ademáis, no evento contaremos con David Perdomo, Luis Piedrahita (El Hormiguero e El Club de la Comedia) e Xosé Antonio Touriñán (Fariña y Land Rober). Este elenco de luxo citará a varios compañeiros/as de profesión para presentar un espectáculo único e exclusivo. Tras máis de dez días de actuacións en directo, encontros, mesas redondas, exposicións e estreas, esta gala corona o festival dende o Teatro Colón de A Coruña.

Galego

Deforme Semanal

DEFORME SEMANAL é un late night cultural e político presentado por dúas mulleres feministas: Isa Calderón e Lucía Lijtmaer. Este feito insólito en España debe ser celebrado. Deforme Semanal alónxase da perspectiva machirula e comenta a actualidade e os estereotipos para comprobar que, se o mundo pode ser unha traxicomedia, a realidade que nos rodea sen dúbida é un stand up irónico. Seica este late night de Diario Público é, antropolóxicamente, o máis interesante que ten acontecido nos últimos anos.

Galego

Grandes voces para grandes óperas

Neste concerto contaremos coa presenza de tres dos mellores cantantes españoles da actualidade, o barítono Carlos Álvarez, aínda recente o seu triunfo no Don Carlo do ano pasado e pouco despois da aparición do soberbio Otello que gravou xunto a Antonio Pappano e Jonas Kauffman; o tenor Alejandro Roy, que comparece en España despois do enorme éxito que colleitou durante a temporada pasada como Calaf na Turandot do Metropolitan de Nova York; e o baixo Simón Orfila, tralo seu aclamado Leporello no noso Don Giovanni con posta en escena de Carlos Saura e dos seus triunfos en Italia co Ernani ver

Galego

CANTAJUEGO PRESENTA: SAÍR DA MIÑA MAN. XIRA NACIONAL E INTERNACIONAL 2020/21

Tal e como o enuncia o título do novo espectáculo, unha vez máis, o Grupo Encanto entregará ao publico unha montaxe especial baseada na solidariedade, a amizade, o traballo en equipo e a empatía. Cunha esmerada selección da súa longa lista de éxitos, esta filosofía refórzase aínda máis dada a expansión a países Latinoamericanos incluída na longa lista de cidades que visitarán nesta edición, tendendo así pontes culturais entre ambos os continentes.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo