Cirko Psikario- Aloló
Por fin Míster Aloló e Madame Aloló teñen listo o seu espectáculo. Ou iso cren eles. Están decididos a compartilo co mundo, pero os seus desencontros levaranlles a disparatadas situacións que farán moi difícil lograr o seu obxectivo. Conseguirano?
Equilibrios imposibles, música en directo, malabares, acrobacias e maxia danse a man nun divertido espectáculo onde pode pasar de todo.
Aloló é un espectáculo infantil gestual que se adapta perfectamente tanto a sala como a rúa.

