Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Rojo

Mireia Miracle Company é a compañía da actriz, clown, directora e pedagoga do mesmo nome. Iniciou a súa traxectoria en 2017 co seu primeiro traballo, Vermello, que en 2017 foi adaptado a sala co nome de Vermello sala.

Mireia Miracle naceu en Madrid e formouse no teatro xestual na Escuela de Mar Navarro (seguindo a pedagoxía de Jacques Lecoq) e en danza contemporánea. Tamén estudou pedagoxía teatral e teatro social xunto a Moisés Mato no Teatro de la Escucha, e ademais é directora de teatro e escritora.

Galego

SU.MA

Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía.

Dúas grandes artistas galegas como Sue Moreno e María Move crean SU.MA para abordar os seu primeiro show baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro (Elefante Elegante).
Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía. Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das interpretes co espectador.

Galego

Gran gala de circo de Pistacatro

A fórmula do Cabaré colectivo sempre foi unha das especialidades de PistaCatro. O potencial creativo individual dos compoñentes do grupo fai que a suma dos mellores números e sketchs de cada un dos artistas dean un conxunto de luxo. Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos como do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué.

Galego

Fuera de stock- Edu Manazas

Fóra de stock fala de soños, de esperanzas, de ilusións, da vida, a túa vida, de vivila, de xogo? Unha oficina, un almacén, unha fábrica? Traballo, dossieres, ingresos, gastos, balances, inventarios, beneficios, perdidas? Traballar para vivir? Vivir para traballar? Onde quedo eu? Que son nesta engrenaxe.

Un espectáculo sobre o traballo, as persoas e a súa relación, cheo de anhelos e desexos. Narrado en clave de circo a través dos malabares, a acrobacia, un mastro e moitos soños.

Galego

El gran final

"O Gran Final" é unha traxicomedia que basea a súa esencia no reencontro de dous pallasos, os cales tiveron que separarse hai moitos anos como consecuencia do estalido dunha guerra civil. Esta guerra interrómpeos ultímaa función xusto antes do seu gran acto final.

O conflito, obrígaos a tomar camiños separados e non ter nunca máis contacto o un co outro.

É agora, despois de máis de 30 anos, infinitas pasos, unha loita diaria e constando pola supervivencia, e un corpo envellecido, cando se reencontran e deciden acabar o seu "Gran Final".

Galego

Rojo Estandar

Forasteiro e forasteira móvense por un estraño mundo. Marcados pola cor branca e pola cor vermella, queren aproximarse desde a curiosidade, a diferenza, o xogo? e van provocar as combinacións máis divertidas. Sensible e tenro, descarado e alegre, Vermello estándar deixa pegada na retina, na memoria e no corazón. Esta unión entre o circo e a danza conseguiu o recoñecemento e goce de miles de persoas de todas as idades, na súa extensa xira por festivais e programacións de tempada, en España e Europa.

Galego

Marina

Mariña era unha marabillosa zarzuela con música de Emilio Arrieta e libreto de Francisco Camprodón, despois convertida en ópera con libreto de Miguel Ramos Carrión .

Galego

A la fresca

Tres personaxes e unha cadeira xigante saen a tomar o fresco, xerando diferentes situacións cómicas ao longo dun percorrido. Escenas cotiás e surrealistas ao mesmo tempo, que levadas ao extremo convértense en cómicas
Visual e con poucas palabras. Para representar en rúas peonís, parques, prazas...
Para todas as idades e sorrisos. Tres personaxes e o seu particular universo. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo