Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

O autoestopiesta intergaláctico

Un show de ciencia-ficción, de clown e transformismo con continuas mudanzas de vestiario e personaxes cómicos dotados de poderes propios que desafían a lei da gravidade con equilibrios imposibles, teñen control de obxectos malabares e paralizan ó público con monólogos esmendrellantes. Benvidos a unha viaxe interestelar polo absurdo. Benvidos ao mundo do … Autoestopista Intergaláctico.

Galego

Nono

Benvidos ó mundo de Nono, este inocente clown faravos viaxar polo seu mundo de fantasía. Un universo no que intentará amosarvos os seus mellores trucos de malabares aínda que os problemas acontezan en cada esquina e ó final rematen sendo resoltos con moito humor. O público poderá gozar de incribles malabares, unha pelexa encarnizada cun mosquito, a aparición estelar do seu inseparable amigo o mono, un combate de boxeo e moito, moito máis

 

Galego

Out of Blú

A protagonista colga a colada na praza pública de cada vila que visita e coa súa lavadora portátil crea confusión na tranquila vida dos habitantes.

Este show baséase sobre unha innovadora forma de espectáculo de rúa, onde a manipulación de obxectos, clown e malabares son as bases para a comunicación narrativa. Os espectadores están directamente implicados en todo o espectáculo.

Galego

ClasClas no Alobre

Viaxaremos no tempo á cuna de Vilagarcía onde todo comezou. O Castro de Alobre acollerá unha velada especial na que os asistentes estarán literalmente “na súa casa” porque “son da casa”,  espazos concretos, circulares, coma as casas do Castro,  deseñados e independentes respectando as distanzas, onde  poderemos escoitar música clásica reproducida e en directo  ao aire libre nun espazo de gran beleza natural, histórica e artística, que o Concello de Vilagarcía  desexa por en valor nesta ocasión a través do Clasclás.

Galego

Sincronizadas. Oh! Olimpiadas

Proposta fresca e divertida na que dúas limpadoras ven como a súa rutinaes retransmitida coma se dunha competición olímpica tratásese.A cotidianidad narrada coma se tratásese do tour de Francia do mundial de natación sincronizada para construír un mundo absurdo e disparatado.

O espectáculo conta ademais, coa voz en off de JULIA LUNA, comentarista habitual dos mundiais de natación e dos XOGOS OLÍMPICOS de TVE.

Galego

25ª Mostra de Teatro Universitario (MITEU) de Ourense

O director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación da vixésimo quinta edición da Mostra de Teatro Universitario (MITEU) de Ourense, unha cita que este ano se inaugura o vindeiro xoves 2 de xullo e que contará con máis de 15 espectáculos teatrais que se concentrarán, na súa meirande parte, no Teatro Principal.

Galego

Festival O Norte Non Para: Noites de Retranca con Luis Zahera e Oswaldo Digon

Volven as Noites de retranca á Coruña.

O 25 de xullo, día da  Patria, que mellor que escharse unhas boas risas con Luis Zahera e Oswaldo Digon???.

Luis Zahera, é un actor español. Gañador dun Goya en 2019 pola súa interpretación no Reino. 

Luis Zahera saltou á fama en Galicia  polo seu papel de Petróleo  na exitosa serie da TVG, Mareas vivas. Á marxe disto, participou en moitas outras series e películas, ademais de numerosas obras de teatro e curtos.

Galego

Rojo

Mireia Miracle Company é a compañía da actriz, clown, directora e pedagoga do mesmo nome. Iniciou a súa traxectoria en 2017 co seu primeiro traballo, Vermello, que en 2017 foi adaptado a sala co nome de Vermello sala.

Mireia Miracle naceu en Madrid e formouse no teatro xestual na Escuela de Mar Navarro (seguindo a pedagoxía de Jacques Lecoq) e en danza contemporánea. Tamén estudou pedagoxía teatral e teatro social xunto a Moisés Mato no Teatro de la Escucha, e ademais é directora de teatro e escritora.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo