Cancións de ida e volta. Os compositores do exilio
No ciclo Os nosos intérpretes, que adicamos tódolos anos aos cantantes galegos que xa se atopan en pleno desenvolvemento das súas carreiras, nesta ocasión presentaremos ao barítono coruñés Borja Quiza, quen foi precisamente o encargado de inaugurar en 2006 outros dos nosos ciclos, o de As novas voces galegas. Nesta ocasión, Quiza ofrecerá por primeira vez en Galicia un programa adicado aos compositores da emigración.

