Oníricus- La Troupe Malabó
Dous surrealistas e aloucados mozos de circo, que soñan en converterse algún día en verdadeiros artistas,
tópanse co desafiuzamento do circo italiano para o que traballan.
Sós ante a vida, deciden fuxir e renderse, pero e se son eles os que deciden asumir o papel principal?
Grazas ao público seguen adiante co seu soño, porque os soños nunca deben abandonarse.
Aquí nace un novo circo, o espectáculo debe continuar.

