Por unha Peseta
O primeiro traballo de Apatacón: Faia Díaz (Coro Encaixe, De Vacas...) e Vero Rilo (Daboapipa, Rilo&Penadique...) achégannos unha proposta ben orixinal: Por unha peseta é un traballo onde voz narrada e cantada se achegan por menos de nada para atopar canto vale unha peseta. Historias de vida recollidas no noso entorno e no universal xúntanse nunha peza que nos achega a partes iguais ao humor, á sensibilidade e á tenrura propias da nosa xente.

