Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Cirkote

Un dos referentes máis veteranos do circo e do teatro de rúa en Galicia, inspirador de moitos novos valores e que segue a facer rir todo tipo de públicos combinando circo clown e malabares cun humor humano, humilde e veciño a xente que fai del un clásico no oficio.

O show onde Kote condensa o seu saber de pallaso, destilado tras moitos anos percorrendo toda Galicia.

Unha aposta segura de entretimento familiar!

Galego

Running Unha Suorenta Comedia De Ste Xeito

Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro watsapp non tarda en chegar: “Quedamos? Veña si! Pero cando?” Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes.

Galego

A illa sen tesouro

A illa sen tesouro é a nova proposta de teatro de rúa da compañía Ghazafelhos. Apoiados nunha escenografía dinámica que se transforma nun mesón, nun barco, nunha cova e nunha empalizada, os tres actores e actriz reinterpretarán os distintos momentos, coa participación do publico, da fabulosa aventura de piratas. Musica, bailes, pelexas de espadas e toda a acción que se espera deste xénero mesturada co humor inconfundible do teatro dos Ghazafelhos. E un guiño a un clásico literario para toda a familia.

Galego

O pozo das señoras

É un feixe de historias de recollida, tradicionais e de autor xunto con coplas tradicionais, romances e composicións propias. Con esta proposta queremos achegarnos ás mulleres do noso imaxinario, da nosa vida: lavandeiras da noite, lavandeiras de oficio e de sacrificio, pieiras que coidan dos lobos e bruxas cos dentes de ferro...

Cun marcado compoñente de xénero, este espectáculo leva rodando dende 2017 por teatros, auditorios, casas da cultura, lavadoiros, fontes de todo o país. E grazas a vós non paramos de recoller alegrías!

Galego

Titanic

TITANIC é un espectáculo de teatro con comedia, maxia e moito humor. Un show de Cayetano Lledó para público familiar.

O espectáculo narra os preliminares e a viaxe do barco, que aínda que a historia oficial non o recolle, fixo escala en Galicia.

Os espectadores serán pasaxeiros dunha viaxe de 70 minutos, chea de incidentes, sorpresas e situacións inesperadas

Galego

Contos de medo que deixan durmir

Contos de medo que deixan durmir é un espectáculo para toda a familia onde aprendemos a rirnos de nós mesmos como seres transitorios nun mundo que viaxa amodo.Achegarémonos ao medo desde a risa, desde a desmitificación, desde a bondade dos personaxes a priori misteriosos. Un paseo ao longo da tradición mística galega cunha  chea de gratas sorpresas.

Galego

A feira das linguas

Teatro musical para nenos e nenas a partir de 7 anos no que contamos a historia da nosa lingua coas cancións e ritmos máis actuais dende versións en galego-portugués, trap, rap xunto moito humor para promovela lingua entre as novas xeracións.

Galego

Os Limpa, limpa

O universo da imaxinación inocente, expresase na acción cotiá, mesmo no traballo, ainda que sexa nun tarballo como o de limpar.

"Limpa Limpa" transforma o mundo laboral nun universo único de creatividade, de xogo, de comedia e diversión.

 Espectáculo superdivertido, creativo e ameno.

Galego

Os golfiños e o xigante

Os Golfiños e o Xigante está baseado no texto do mesmo nome da autoría de Inacio Vilariño e co que obtivo neste 2016 o XII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques infantil. É este un espectáculo de sombras chinesas que narra unha historia real extraída dunha nova que se fixo eco na prensa internacional. O xigante Bao Xi Xhum, considerado polo Récord Guiness o home máis alto do planeta, conseguiu, grazas ao seu longuísimo brazo salvar a uns golfiños dunha morte certa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo