Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Tito Rober

Tito Rober é bombeiro de profesión e monologuista de corazón. Actúa en salas e teatros coa súa auténtica retranca galega de Arteixo. Tito Rober foi o gañador do V Concurso de Monólogos Villa de Bembrive. Destaca polo seu bo humor e o seu ?afección? polo zume de laranxa. O humor galego está a salvo con este crack do humor.

Galego

Como ser Armario Empotrado

Que estar en forma está de moda é un feito. Que lle pregunten se non a Marcos Pereiro, asiduo cliente dos mellores ximnasios: aqueles en os que hai toallas gratuítas para secar a suor, monitores con nomes de nivel, e clientes da categoría de, por exemplo, Armario Encaixado, a quen Pereiro prestou especial atención durante meses, collendo recortes, para poder contalos nos mellores escenarios de Galicia.

Galego

A vida é conto

Nacín a beiras dun río que en lingua guaraní quere dicir de paxaros pintados, Uruguai. As madreselvas aroman a miña infancia e acubillan os meus amores primeiros. As rúas anchas de terra esconden as primeiras letras que esborranchei e baixo o areeiro da praza Bela Vista enterrei un día as miñas miradas tortas e funme polo mundo a contar as miñas mentiras máis verdadeiras. Facendo contas, débenme de quedar por vivir 54 anos, aínda que preferiría que fosen 68 ou 72. Así e todo, algunhas cousas teño feitas.

Galego

Tías graciosas: un repaso polas barricadas da comedia feminina

Con Lorena Iglesias, Penny Jay, Vitoria Martín (Living Postureo) e Carolina Iglesias (Percebes e grelos)

Que raios pasa? As mulleres non somos graciosas? Falamos con catro cómicas que desenvolveron os seus traballos desde a resistencia e desde internet para saber porqué custa asumir que as mulleres son tan graciosas como os homes. 

SARA GARCÍA (PENNYJAY)

Galego

Necroshow

Show de humor dunha hora de duración con vídeos, música urbana en vivo, ASMR e caseta- up. O nome do espectáculo, Necroshow, está sacado dunha frase de Ayuso, presidenta da Comunidad de Madrid, sobre a exhumación de Franco.

LORENA IGLESIAS

Galego

“PRINCIPAS E PRINCESOS ”

"¡Faise saber que se buscan príncipes rosas...e princesas azuis!¡faise saber que ides escoitar contos de valentes princesas enfrontandose a dragóns e de príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro! son contos de Príncipas e Princesos. 

"Unha reflexión sobre a igualdade a través de contos atípicos de Principes e princesas."

Duración: 40 minutos

HORARIO: 17:30

Para nenas e nenos de 4 a 10 anos.

Aforo limitado.

Inscrición previa desde o luns anterior á actividade na sala infantil  e no  teléfono 982828329.

 

Galego

Revento si non o conto

Un galego recoñecido, ou reconocible segundo mírese, atrévese a analizar unha realidade tan próxima e tan afastada como a que conforma España. No seu percorrido sarcástico por esta realidade, o monologuista e actor, reflexionará sobre os monólogos e por que el non os fai (ou si), sobre os modos que temos de ser galegos, ou sobre a idiosincrasia de Mariano Rajoy (que é 100% galego). Tamén comentará a apocalipse, os recortes e, sobre todo, falará da crise: na Casa Real, no Goberno, no Congreso. E que se non o conta todo? rebenta!.

Galego

Gaia Baba

Unha obra sen palabras e música en vivo que mestura o mundo da marioneta e o teatro físico.
Unha historia contada a través das marionetas onde o espectador recoñece os propios desperdicios da súa vida cotiá, estilizados e transformados, para falar da inminente conquista do lixo no noso planeta, un mundo que a priori, xa está perdido?

Gaia Baba. Sinopse:

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo