Bebescena 2020: Planeta KA
O efecto da gravidade, o seu material, a súa forma... son o seu drama para chegar a respirar e desprazarse. As súas dificultades son tamén as súas únicas oportunidades para desenvolverse. Na súa viaxe, os obxectos, atoparanse e relacionarán coa máxima sensibilidade para formar diferentes personaxes e desenvolvendo contos nos que existir e expresarse. Así se ten a oportunidade de vivir diferentes vidas e realizar anhelos e soños. Facendo, desfacendo, transformándose...

