Senior
Senior é un espectáculo teatral cómico sobre a crise dos 50 que reflexiona en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade.
Luís Iglesia e Marcos Orsi son os protagonistas da obra dirixida por Avelino González.

Senior é un espectáculo teatral cómico sobre a crise dos 50 que reflexiona en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade.
Luís Iglesia e Marcos Orsi son os protagonistas da obra dirixida por Avelino González.
A popular historia O libro da selva, orixinal de Rudyard Kipling, adaptada ao teatro familiar con cancións e coreografías; Unha eterna historia, pola que non pasa o tempo, que fala de valores como a camaradería, o sentido de comunidade, e a tolerancia aos distintos a nós.
Sinopse:
Abmiram Quartet presentará «Música na maleta«.
O conxunto musical semifinalista do concurso televisivo Got Talent España, presenta o seu novo espectáculo Musica na Maleta.
Burbulla é un espectáculo para bebés que convida a mergullar nos cinco sentidos e compartir unha viaxe de sensacións no mar.
Mergúllache nun mar de cancións, sons, cores, burbullas e luces que mollan e chea de vida para bailar ao son dun universo máxico e descoñecido baixa a auga.
O mar está cheo de burbullas que se acaban de formar e que nacen constantemente. Alí, onde os soños flotan e as ilusións nadan, hai todo un mundo por descubrir que nace das cousas máis pequenas como unha suave onda ou unha luz que nos molla e énchenos de vida. Recomendado de 1 a 3 anos.
Nova surrealidad. Despois de todo este tempo de ausencia nas táboas, por fin volve subirse a un escenario nesta «Nova surrealidad». Seguindo o seu estilo «atordado» e desenfadado da súa «Maxia con desgarbo», o ilusionista Carlos Tómico combinará números novos e clásicos macerados durante o confinamento para presentar un espectáculo único e divertido.
Só é un espectáculo de novo circo da compañía Xampito Pato que presenta un personaxe obsesivo, cuadriculado e meticuloso. Un ser único na súa especie rodeado dun sen fin de caixas que escapan ao seu control e coas que xoga para dar forma ao seu mundo. Dese caos xorde un universo delirante onde inventa a risa, creando unha tolemia cómica e transformándose nun novo ser cunha nova figura.
Un show unicamente de humor, con algúns dos mellores e máis coñecidos textos do artista galego, improvisacións e pensamentos acerca dos tempos que estamos a vivir.
Todo iso desde o punto de vista humorístico deste gran artista que cumpre este ano, 45 anos enchendo teatros e auditorios.
HUMORIS CAUSA é un espectáculo sen precedentes. Nunca antes xuntáronse sobre un escenario catro primeiros espadas da talla de Ana Morgade, Leo Harlem,Carlos Blanco e Javier Canso .
A irreverente Ana Morgade será a encargada de capitanear unha gala na que poderemos gozar dun grupo de cómicos que dificilmente volveremos poder ver xuntos nun escenario.
Baixo a dirección de Jordi Cortés e Carlota Pérez e a creación musical e arteterapeútico de Rebeca Ponte, preséntase o proxecto Arte homo Natura.
Trátase dunha peza de danza-teatro inclusiva resultado de 5 meses de formación e exploración en diferentes disciplinas artísticas que xira en torno a pérdida de relación e respeto entre o home e a natureza.
Elenco
José Antonio Rouco, Marlon Stiven, Clara Lopez, Carlota Perez, Jesús Pastor, Roi Alejandro, Adriana Paulos, Rebeca Ponte, Tito Lopez, Valle Lopez, Renato Beirao, Elvis García, Ricardo Prado
Baixo o título De abrentes e ocasos, Teatro do Atlántico presenta un recital dramático de poesía galega contemporánea, escolleita e trabada segundo o motivo fundamental da reivindicación da língua, da súa riqueza e da súa capacidade para a expresión tanto dos grandes problemas da condición humana como das esixencias e inquedanzas da actualidade.
Dramaturxia e dirección: Xulio Lago