Asacocirco show
Este é un espectáculo para todos os públicos que nace da tolemia e idiotez dos seus protagonistas, Mirroska e Juanito son os dous clowns deste divertido mini circo. Mirroska explosiva e provocadora nata, que fai da ironía o seu medio de expresión e da risa o seu traballo, Juanito este neno grande de poucas palabras é un cocktail de técnica e humor, da fusión destes dous pallasos e o público créase a maxia do teatro de rúa, son risas aseguradas.

