Cantata Vernácula
Xoán Porto 'Guancho' (acordeón e voz) e Suso Vaamonde (zanfona e voz) forman Cantata Vernácula. Este dúo humorístico-musical galego está considerado pola crítica actual como o máximo expoñente da rexurdente corrente denominada 'Nova Troba Truana'. De feito, son os únicos representantes deste estilo.

