Conta con Narón 2015
Actuacións de:
- Amancio Prada, o cantautor berciano.
- Nicolás Buenaventura, contacontos colombiano.
- Pablo Albo, o contador de historias alacantino.
- Antonio López, comunicador e contador afincado nas illas Canarias.

Actuacións de:
Festa tradicional itinerante que conta con actuacións de músicas ao vivo.
Organizada polas asociacións Gomes Mouro e Algaravía que ten por obxectivo achegar a música e danza tradicionais galegas.
No final, aberto a persoas ou grupos que queiran tocar, simplemente deberán comunicalo á organización para establecer unha rolda de quendas.
A asociación sociocultural das Artes Escénicas, EXEMPLA, a Sala Gurugú de A Coruña e as compañías, Dantea Teatro e Teterella Teatro organizan do 20 de marzo ao 29 de maio unha mostra teatral que reflicte a ollada da muller nos diferentes ámbitos teatrais, mediante a representación de obras nas que as mulleres participan de forma activa como directoras, dramaturgas ou actrices, como un xeito de reivindicar a presenza da muller nos diferentes ámbitos teatrais.
Relación de compañías e actores e actrices:
O espectáculo preséntase coma unha viaxe pola tradición cosaca con moitos efectos escénicos, proxeccións, espectaculares traxes, que representan historia e tradicións de múltiples rexións onde vivían os cosacos: dende o río Don e o mar Negro ata Siberia e o afastado Oriente. O seu repertorio compóñeno máis de 20 danzas, 50 cancións, e múltiples composicións instrumentais.
Un gran espectáculo co que revivir unha parte da historia de Galicia, a través da espectacular invocación do actor Bruxo Queiman, a voz única da cantante Andrea Pousa e a conmovedora música da Banda Keltia.
Sinopse: Fai 20.000 anos, Europa estaba sobre unha capa de xeo, a vida humana só era permisible en Terras de Keltia (Galicia). Aí dá comezo a nosa cultura Atlántica, e 10.000 anos despois nace a primeira civilización de Europa, nestas terras…
Autores: Ramon Fontserè e Martina Cabanas
Director: Ramon Fontserè
Elenco: Ramon Fontserè, Pilar Sáenz, Dolors Tuneu, Xavi Sais e Xevi Vilà
Sinopse: Na nosa moderna sociedade parécenos que o neno acadou o máximo privilexio que o fai equiparable ao trato que recibe unha very important person. De maneira paradóxica, esta actitude ben intencionada dos pais achega perigosamente o neno a un ser intratable con delirios de pequeno tirano.
Logo do seu éxito en Matalobos e de xirar con "Gaivotas Subterráneas", Luis Iglesia B. e Xabier Deive dan renda solta ao seu lado máis salvaxe e divertido e presentan Sede de mal unha comedia a 12 cordas sobre o lado escuro da vida.
Humor, teatro, música ao vivo con blues e rock and roll á galega con dúas das personaxes máis importantes da escena galega dos últimos anos.
ACTORES: Luis Iglesia B., Xabier Deive
PRODUCIÓN: Boneca Lareta
The Funamviolistas florece como resultado do encontro de tres mulleres singulares. Unha historia que comeza con tres soidades e que a través da unión, a perseveranza e a amizade chegará á realización dun soño común. Tres músicas de corda, tres actrices que cantan, bailan e, sobre todo, emocionan.
O espectáculo combina con beleza e orixinalidade un grande abano de disciplinas artísticas, creando unha fusión case máxica. The Funamviolistas sorprende, emociona e divirte a todos os públicos.
Foi recoñecido co premio Max ao Mellor espectáculo Revelación.
Un total de 19 temas 'a cappella' divertidos e orixinais, pero á vez cunha dobre vertente: "(Di)versiones" de temas clásicos universais de diferentes estilos que se alternan con cinco temas "Orixinais", composicións propias que reflicten a versatilidade creativa da formación.
Cómicamente ofrece a oportunidade ao espectador de ver sobre un mesmo escenario a humoristas de diferentes estilos, co obxectivo de reunir nunha mesma cita, artistas con diferentes enfoques á hora de facer comedia. Para esta primeira ocasión e baixo a premisa de ofertar unha proposta fresca, divertida e de calidade, presentamos este evento que conta con algún dos novos talentos do humor, que nos presentarán fragmentos dos seus mellores monólogos.