Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Filosolfando

Luís Igrexas e Xabier Deive soben ao escenario para reflexionar sobre unha cuestión simple, sinxela, en grao sumo mundana, unha cuestión que é tan vulgar que lle sucede a calquera, mesmo a un don ninguén: A existencia! Esa é a cuestión e non outra.
A filosofía proclama iso de que un ser humano "pensa, logo existe", pero,... de verdade facemos unha cousa antes que outra?

Galego

Love room

Miguel é un periodista deportivo, especializado da actualidade do Atlético de Madrid. Está casado, ten un pequeno e a crise dos 40 comeza a chamar á súa porta.

Tras unha accidentada noite, esperta nunha habitación de hotel a carón de...

Marta, enxeñeira de éxito, solteira, sen fillos nin grandes preocupacións vitais. A súa máxima é ver sempre a parte boa da vida e “Sexo en Nova York” é a súa serie de cabeceira. Presume de non terse namorado nunca pois ten claro que non quere sufrir por amor.

Miguel e Marta espertan xuntos, na mesma cama.

Galego

A Historia de Brancaflor

Un espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos dirixido polo Premio María Casares Avelino González. A través da maxia e do clown cóntase a lenda de Brancaflor. Os 11 pretendentes de Brancaflor asócianse con cadanseu xogo de maxia e ela terá que seleccionar o seu namorado ao longo dunha hora de maxia, contos e humor para grandes e pequenos.

Os Sete Magníficos máis Un propoñen un espectáculo de animación á lectura dun xeito distinto: a partir de sinxelos xogos de maxia, do clown, da participación do público e da marabillosa tradición narrativa galega.

Galego

Venidos a Menos

Pablo Puyol e David Ordinas volven a Galicia case un ano despois da súa primeira visita con Venidos a Menos o show máis besta e divertido da actualidade, que garante toneladas de risas.

Galego

Concerto de Mamá Cabra

Mamá Cabra presenta o seu novo espectáculo  no que fará un percorrido pola historia do grupo e da súas mellores cancións. Un espectáculo diferente cun formato de “Concerto-Teatro”  no que se amosará unha nova Mamá Cabra disposta a seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda. 
 

 

Galego

Love Pain Love

Love Pain Love é un “minimusical” con formato de road movie centrado en Ryan, un romántico incurábel a quen lle rompen o corazón por novena vez e que, farto da súa mala sorte, decide que esta vez será el o que abandone a moza. É entón cando coñece a Natalie, á que deixan por novena vez e que culpa disto a unha maldición. O único problema é que Ryan sempre se namora de rapazas raras e si, Natalie é moi rara.

Galego

Papiroflexias, o asteroide de papel!

Montaxe na que a conciencia ecolóxica, o teatro de obxectos, a danza con pinceladas de baile tradicional galego e a papiroflexia mestúranse nun espectáculo de 50 minutos de duracións concebido para nenos e nenas de 6 a 12 anos no que as bolas, paxariñas, canóns de confetti, avións de papel ou comecocos xigantes dan ritmo e narración a un relato con transfondo ecolóxico.

Galego

Pepín Tré

Esta última proposta de Pepín Tré,consagrado humorista xurdido da movida madrileña,condúcenos co seu peculiar sentido do humor por todo un extenso imaxinario, do que cando salgues, nada volve ser igual.

Gargalladas aseguradas. Alguén capaz de titular unha canción, "O me busco una mujer o me compro unos calcetines de lana" merece a máxima confianza. Pepín é a persoa que pronuncia máis palabras por segundo do mundo do espectáculo.

Galego

Filgueira Valverde con maxia e música

Un percorrido guionizado de música e maxia da vida e obra do profesor Xosé Filgueira Valverde. Un espectáculo con fondo musical e ilusións que navega entre ensaios, narrativa e a poesía; con sorpresas lembrando a vida deste prolífico intelectual.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo