Antía, Wamba e o ritmo do camiño
Brais das Hortas e a Marta Ortiz son dous magníficos contadores, que nos levarn a vivir aventuras por África da man de dous amigos inseparables e tamén da man da música feita con moitos aparellos domésticos reciclados.
Dirixida ao público familiar, esta montaxe de 50 minutos trae novas aventuras de Antía e Wamba.
As persoas que desexen asistir poden recoller a súa invitación na Casa da Cultura de Cambre, na Biblioteca e no Museo de Cambre.

