Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

A miña primeira viaxe

A miña primeira viaxe é a historia do comezo, do nacemento da vida. Un neno viaxa dentro da súa cápsula por un universo descoñecido. Non sabe cara onde vai, nin quen é. Pero non ten medo se sinte o tum-tum dos motores.

Unha vella maleta transformada nunha caixa de luz, focaliza a mirada do que observa. Unha actriz que conta e canta un relato de procura da propia identidade, e un músico que dialoga coa linguaxe onírica do propio relato; son as pezas fundamentais desta viaxe, da primeira de tódalas viaxes.

 

Galego

Imos xogar con Xosé Filgueira Valverde!

Por medio dun divertido xogo por equipos, os e as participantes descobren a orixe e o significado do Día das Letras Galegas, achegándose á obra dos autores e autoras homenaxeados nese día, e en especial ao autor homenaxeado en 2015, Xosé Fernando Filgueira Valverde.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

STRPTS: Mirlo & Rula

Un home silencioso (Mirlo) e unha muller soñadora (Rula) cruzarán os seus destinos nunha fuxida inesperada por culpa dun segredo a voces, unha fuxida tinguida de intriga e sangue nun mundo en desequilibrio coa natureza e os dereitos sociais e impregnado de corrupción política.

 

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Rodarirrodari

Rodarirrodari é un espectáculo de narración oral, con acompañamento musical, no que se emprega o conto tradicional, a tradición dos contos de Gianni Rodari, e os monicreques para, partindo da domesticación dun animal como o burro, chegar ao uso ou abuso das novas tecnoloxías.

O tranvía de Marín, baseado na descrición humorística que fixo Castelao, servirá como medio de transporte do espectáculo.

Este espectáculo forma parte da programación Cultura no Camiño, que leva música, teatro, danza e novo circo polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.

Galego

Queimada folk

Unha gaita presenta a historia sobre o rito da queimada desde a simboloxía e as crenzas populares. Unha voz en off narra o que se anda a ver para que sexa facilmente comprensible.
Aparecen as meigas e interaccionan co público (coa discreción necesaria).
Por último o Druída é quen manterá a raia ás forzas do mal grazas á súa frauta, para poder conxurar e cociñar este brebaxe máxico, co que se invita aos presentes.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

 

Galego

Very very big international magic show

O patrón dun circo no que xa non traballa ninguén vese obrigado a disfrazarse de diferentes artistas para non ter que pechar o seu negocio. Parodiando a diferentes personaxes intentará levantar o espectáculo, pero durante o transcurso do show as cousas complicaránse.
Ilusionimo teatral con comedia, maxia musical, manipulación de cartas, malabarismo, clown, mentalismo, hipnose, etc.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Galego

O Camiño de Santiago

Esta é a historia de dous irmáns: Santiago e Peque. É a aventura que emprenden para aprender a verse, e escoitarse de verdade, a aceptar ao outro tal e como é, coas súas virtudes e defectos. É un camiño desde o egoísmo cara á solidariedade e á tolerancia. Santiago e Peque aprenderán a apreciarse e quererse como irmáns, cantando e bailando ao son da música orixinal do espectáculo.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo