Naufraxios na luz a cargo de Gail Langstroth
Un espectáculo onde a música, a voz e o movemento arrolan como as ondas do mar; a palabra poética de Manuel Antonio, na conmemoración do 115 aniversario do seu nacemento.
Naufraxios na Luz propón unha lectura actualizada de Manuel Antonio. Catro poemas dun poeta de abismos e océanos; catro textos dunha vangarda xa case centenaria, onde a navegación do espírito carece de faro e de sextante. Na proposta da euritmista Gail Langstroth, o seu eco regresa para lembrarnos os nosos propios significados.

