Malasombra gran guiñol sonoro
MALASOMBRA é un espectáculo de danza e teatro visual onde a maxia escénica convídanos a viaxar polo imaxinario colectivo, mergullar na escuridade e a luz do ser humano.
Partindo do guión do debuxante Max para desenvolver unha proposta atractiva onde as artes plásticas se fusionan coas artes escénicas e os actores-bailaríns existen nun escenario que é un cómic en movemento. A posta en escena combina elementos de danza, teatro visual, videocreación, teatro de obxectos, sombras experimentais e música rock en directo.

