Um museo vivo de memórias pequenas e esquecidas
Peza documental sobre as memorias oficiais-non oficiais da dictatura portuguesa (1926-1974) e a Revolución (1974-1975).
A través dun longo e exhaustivo proceso de investigación e recollida de testemuñas, Joana Craveiro -directora artística de Teatro do Vestido- constrúe unha maratón de catro horas e media de historia e memoria e a relación entre memorias problemáticas e conflitivas e a ausencia de estados políticos de memoria en Portugal respecto da súa recente historia.

