Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Reikiavik

Dous homes reconstrúen ante un neno o campionato do mundo de xadrez entre Boris Spasski e Bobby Fischer

César Sarachu, Daniel Albadalejo e Elena Rayos compoñen o elenco de actores de "Reikiavik", unha historia protagonizada por Bailén e Waterloo, dous homes que toman os seus nomes de derrotas napoleónicas. O centro da trama: o duelo de xadrez de Reikiavik disputado en plena Guerra Fría. 

Galego

Canta o cuco

Arranxos e direción musical: Santi Cribeiro e Uxía

Guillerme Fernandez: guitarra, baixo e programacións

Santi Cribeiro: acordeón e teclado

Magín Blanco: voz e guitarra

Uxía: voz e percusión

 

Galego

O coelliño branco

O Coelliño Branco é un monicreque cheo de tenrura, que protagoniza toda a función.

Cancións, números de maxia e o conto dramatizado coa colaboración de nenos e adultos asistentes, fan parte desta actividade de animación á lectura da campaña Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

A música das árbores

Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facian música. Cando o vento move as polas nace unha sinfonía, unha orquestación. Cando a chuvia cae nas follas soa un violin, unha gaita, unha zanfona, cada vez que unha treboada fai danzar os freixos ármase un espectáculo de ballet.

Actividade de dinamización do programa Ler conta moito, da Rede Galega de Bibliotecas,

 

Galego

Xardín desordenado- Manuel María entre amigos

Manuel María entre amigos é unha actividade na que tres músicos de Xardín Desordenado cantan cancións compostas sobre textos do poeta, e cancións sobre textos de outros/as 6 poetas galegos/as que compartiron experiencias, libros, recitáis con él: Carmen Cruckemberg, Marica Campo, Pepe Cáccamo, Fernán Vello, Chus Pato, Luisa Castro.

Espectáculo de música, teatro e danza dentro da programación Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Andersen!

Espectáculo de diferentes disciplinas para abordar os valores que tocan os contos de Adnersen: os medos, as virtudes, os defectos...

Esta actividade forma parte da programación de Ler conta moito, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

As tres Raíñas Magas

Tres Raíñas Magas moi especiais que non se cortan un pelo. Collen incenso, mirra e ouro e suben ás camellas camiño de Belén. Risas poéticas para coñecer un Nadal diferente. Unha aventura chea de compañerismo e respeto, liberdade e autoestima.

Espectáculo de monicreques para o programa de dinamización lectora Ler conta moito.

Galego

Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica

Carmiña é unha pinga de auga moi miudiña. Ela de maior quere ser científica, como a súa avoa Filiberta. O día do seu aniversario, a súa avoa agasállalle un paracaídas para poder baixar ao mundo dos humanos. No camiño, diferentes elementos da natureza fan que percorra o ciclo da auga.

Activiade con música, teatro e danza de BocAberta para Ler conta moito.

Galego

Velada flamenca

Cando a paixón, o coñecemento e a experiencia se unen, o resultado é sempre único e rotundo. Iso é exactamente o que sucede cando baila Isaías Salazar e o acompañan Miguel Flores á guitarra e Sandra Calderón ao cante. Todo encaixa, os sons veñen e van coa naturalidade de quen sabe o que quere dicir e como dicilo. A linguaxe: o flamenco.
Estes tres artistas con elegancia, pero sen límites expresivos, conducen ao público nunha viaxe por un mundo de ritmo, movemento e beleza tan espontáneo como fácil de apreciar por calquera. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo