Cantos Contos no Nadal
Coa música como fío condutor e coa imprescindible colaboración do público iranse debullando historias de Nadal pensadas para cativos de 2 a 5 anos e as súas familias.
Coa música como fío condutor e coa imprescindible colaboración do público iranse debullando historias de Nadal pensadas para cativos de 2 a 5 anos e as súas familias.
O anecdotario persoal de Isi ficcionalizado para facernos rir coas historias máis divertidas do Nadal.
Brinca Vai! é un espectáculo no que o actor e músico Paco Nogueiras, acompañado dos seus instrumentos e a súa querida máquina, fai unha divertidísima viaxe chea de humor, bailes e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas estacionais e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música soa con forma dun sorriso.
Autor e director: Carlos Blanco
Elenco: Carlos Blanco e Luis Davila
Sinopse: O novo de Carlos Blanco, con Luis Davila, un debuxante de luxo. Ver debuxar a Davila en pantalla xigante, e en directo, as historias retranqueiras de Carlos.
Unha complexa aposta técnica (animación incluída). Con música composta para o espectáculo por Budiño e Kepa Junkera.
O 29 de decembro hai preparada unha Merenda de Nadal con tres ingredientes principais: gastronomía, música e moito humor. Porque nenos e maiores asistirán ao primeiro día de traballo de tres peculiares personaxes no espectáculo Cocido sinfónico, no que tres vagabundos se converten en cociñeiro, camareiro e xefe de cociña e nos amosarán a súa peculiar forma de elaborar un menú. Tras eles, o grupo de percusión Odaiko sorprenderá ao público ao converter calquera utensilio en música do máis virtuosa.
Unha discoteca para os máis pequenos da casa. Esta é a oferta de Baboo Experience, un lugar para bailar, saltar e moverse libremente ao ritmo da selección musical de DJ GuGuGaGa e proxeccións interactivas que porá en escena a VJ Mademoiselle Oui Oui.
+ info: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/baboo-experience
Amargo Sueco é un dúo cómico que realiza un espectáculo de teatro musical titulado De Revista.
Nesta nova entrega queren explica por que seguen xuntos. Haberá tamén cancións e música en directo coma antes, haberá historias tan divertidas como sempre e sorpresas e imprevistos ...
O humorista Paco Arévalo e o cantante Bertín Osborne convértense en idénticos irmáns, úneos unha relación de trinta anos e coñécense coma se realmente foran eses mellizos que reza o título da obra. A idea desta disparatada e divertida proposta xurdiu dunha casualidade, segundo declarou Bertín. Comentoullo Paco coma unha broma e éste encargouse de organizalo todo para que o espectáculo vise a luz.
Pasional Tango ten como obxectivo rescatar e transmitir o máis puro e auténtico dese sentimento ao espectador, facéndoo partícipe dunha viaxe marabillosa e única ata a raíz e a esencia mesma do xénero.
O percorrido comprenderá un repertorio único, con presenza dos Tangos máis coñecidos internacionalmente, e daqueloutros que non alcanzando tal grao de difusión, resultan de obrigada cita.
Conxugaranse no escenario a profesionalidade, a experiencia e a máis pura mocidade, unidas por un fío máxico, sólido e inexpugnable co Tango, de beira a beira nun dicir amén.
Show de humor e rock and roll, conducido por Osvaldo Digón e Gary.
Unha mistura perfecta de humor e música. Monologistas e músicos en directo suben ao escenario como se fose a última.