Conferencia/Mesa redonda

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Xornada informativa sobre o programa Erasmus+

A xornada está especialmente dirixida ás persoas que traballan nas bibliotecas, nos museos e nos arquivos de Galicia, tanto do eido público coma do privado.

O obxectivo é informar sobre as posibilidades que Erasmus+ ofrece para que este tipo de institucións poidan formular e financiar proxectos de formación formal e non formal, tanto proxectos de mobilidade como asociacións estratéxicas.

Os relatorios completaranse coa exposición de varios proxectos galegos de éxito.

O programa será o seguinte:

Galego

12miradas::Riverside con Óliver Laxe

O programa de acción cultural 12miradas::Riverside, comisariado por Carlos Quintáns e impulsado por Corporación Hijos de Rivera e o Laboratorio Creativo Vilaseco, presenta as miradas de Óliver Laxe. Laxe falará do seu traballo partindo dunha narración en torno á súa selección de imaxes. 

Óliver Laxe gañou o Gran Premio de la Semana da Crítica do festival de Cannes 2016 e acaba de ser distinguido cun dos Premios da Cultura Galega 2017

Será na Galería Vilaseco.

Galego

Café con... Paco Rocha

XIII edición da iniciativa Café con, organizado por Galantiqua e Mareiras Espacio de Arte, desta vez baixo a referencia Un mismo paisaje, tres maneras de mirar. O evento céntrase no fotógrafo compostelán Paco Rocha, que inaugura unha exposición das súas imaxes de paisaxes. 

Galego

Espectáculo e tecnoloxías da imaxe. Teatralidade, Visualidade, Transmedialidade

O grupo de investigación LITECOM da Universidade da Coruña, o máster ERASMUS MUNDUS en Spectacle Vivant/PerformingArts Studies e a Association Internationale pour a Sémiologie du Spectacle (AISS/ IASPA) organizan este coloquio dirixido por José María Paz Gago, catedrático de Literatura comparada da UDC, a secretaría científica de Anna Durisikova e a secretaría técnica de Andrea Rodríguez.

O coloquio comeza o día 13 de decembro e remata o día 15 de decembro.

Galego

Fugas e interferencias

O obxectivo principal deste congreso é a análise e a reflexión sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica.

Organizado pola Universidade de Vigo, coa colaboración do CGAC. 

Participación no congreso: inscrición previa

Ciclo de accións: acceso libre

Galego

Café da Memoria: traballar en casa allea

Volve o Café da memoria, desta vez para falar do persoal de traballo en casas alleas.

Traballaron como criadas,  internas en fogares de persoas de maiores posibilidades económicas, ou como externas en cociñas, labores de limpeza ou máis recentemente, como coidadoras de persoas dependentes. En xornadas duras e, en moitos casos prolongadas, o traballo doméstico equivale non só a falar do "lugar natural" das mulleres, senón tamén dun traballo que pese a importancia social e económica que ten, é sistematicamente desvalorizado e invisibilizado. 

Galego

Toponimízate

A toponimia é a disciplina que estuda os topónimos ou nomes propios de lugar: os das aldeas e parroquias, os dos ríos e leiras, os dos penedos e fontes. Constitúe un aspecto fundamental do noso patrimonio que liga a lingua propia de Galicia coa xeografía, a historia ou a arqueoloxía de noso.

Galego

Al calor del mar en un bar

Tomar un café falando de ciencia: esa parece ser a esencia dos cafés científicos que organiza o Centro Oceanográfico de Vigo e que se celebran os mércores de novembro no café Tinta Negra (Irmandiños, 2). O 22 de novembro falarán de A contaminación no país das mil marabillas, con Juan Bellas, e das Toxinas mariñas e mareas vermellas ¿Qué futuro nos espera?, con Francisco Rodríguez. O 29 de novembro será a quenda da acui-cultura, con Montse Pérez. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Conferencia/Mesa redonda