VI Ciclo de conferencias Pobos colombinos de España
O parador Conde de Gondomar acolle o VI Ciclo de conferencias Pobos colombinos de España, entre os días 27 de febreiro e o 1 de marzo.
O doutor en Historia e Premio Planeta Juan Eslava Galán será o encargado de abrir o ciclo de conferencias co seu relatorio sobre Os segredos de Colón. Eslava Galán é licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Granada e doutor en Letras cunha tese sobre historia medieval. Autor de estudos sobre Cristóbal Colón, na súa charla falará sobre o navegante e o debate sobre as súas orixes.

