Un vermú por Vindel
O ciclo Un vermú por Vindel achega ás librarías conversas entre libreiros, expertos e público en xeral. Coa figura de Pedro Vindel como referente, a secretaría xeral de Cultura ofrece a posibilidade de analizar o papel do libreiro como dinamizador cultural e mediador entre lectores e libros, así como de departir sobre as cantigas de Martín Códax, e os trobadores e o seu tempo.
A cita é os sábados, ás 12.00 horas.

