Conferencia sobre Eduardo Pondal
Conferencia de Manuel Ferreiro sobre Eduardo Pondal, presentada por Manuel Roca Cendán.

Conferencia de Manuel Ferreiro sobre Eduardo Pondal, presentada por Manuel Roca Cendán.
A situación laboral dos músicos emerxentes nos concertos centrará as tres xornadas que, baixo o título A música en directo. Somos profesionais?, organiza a Fundación Paideia Galiza coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
CHARLA CIENTÍFICA
Celebramos unha xornada máis do faladoiro mensual da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán Os xoves da rúa Tabernas.
Nesta ocasión gozaremos da compañía de Ana Santorun, directora da Torre de Hércules.
A biblioteca cede o espazo ao partido SAIn para esta actividade na que participarán unha traballadora do téxtil, un traballador da hostalería e un traballador sanitario. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Conferencia de Carlos Mella Villar, Presidente da Fundación Castelao: "O nacionalismo en Castelao: existencia real e presencia política".
No salón de actos da biblioteca de 19:30 a 21:00 horas.
Conferencia a cargo de Suso Vila, doutor en historia, do Museo Diocesano de Tui.
Fernando Marías, Catedrático de Historia da Arte na Universidade Autónoma de Madrid, analizará os derradeiros sete anos da actividade artística de Rafael.
A actividade forma parte do ciclo de conferencias A era dos xenios. De Miguel Ángel a Arcimboldo, organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado. As conferencias do programa buscan profundar nos xenios que marcaron o século XVI, período no que sucederon importantes acontecementos que cambiaron tanto o destino histórico de Europa como o da arte.
O catedrático de Historia da Arte da Universidade Complutense, Fernando Checa falará do efecto do Renacemento e manierismo na escultura dos Leoni. Os escultores Leone e Pompeo Leoni, pai e fillo, foron responsables de esculturas tanto para Carlos V como para Filipe II.
A Casa Museo Emilia Pardo Bazán acolle unha conferencia de Estíbaliz Espinosa sobre muller eclipsadas e esquecidas na historia da ciencia.
É unha das actividades do faladoiro mensual da Casa-Museo.