A visión para piano de John Cage (1912–1992)
Afincado en Vigo, onde é profesor no Conservatorio Superior de Música, Nicasio Gradaille é pianista e membro fundador do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) de Santiago de Compostela. Doutor pola Universidade de Vigo cunha Tese sobre o Concert for Piano de John Cage, de quen gravou para a Radio Galega as súas Sonatas and Interludes, impartiu seminarios sobre a súa obra para piano en diversos conservatorios europeos.

