Perspectivas de futuro para a lingua Galega
Participarán o Presidente da Real Academia Galega ,Victor Fernández Freixanes, e o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García Gómez.

Participarán o Presidente da Real Academia Galega ,Victor Fernández Freixanes, e o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García Gómez.
O 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller: unha ocasión única para poñer o foco no xénero. Desde Café Con, a iniciativa conxunta de Mareiras e Galantiqua, propoñen abordalo a través da arte, mediante unha mesa debate, charla e exposición nas que se profundiza sobre a idea de desfacer o xénero, de indagar na imposición de identidades e en como se empregan para transmitir roles e papeis, para así romper con este concepto.
Jorge Mira Pérez, catedrático de Electromagnetismo na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, pronuncia a charla A que altura está o ceo? baseada no seu libro do mesmo título, como parte da programación do Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas.
Esta charla preséntase como un percorrido pola historia de Compostela a través dos personaxes do libro Picheleiros, debuxados por Xulio Gayoso.
Unha pequena viaxe no tempo pola cidade que se foi construindo ata chegar á que é hoxe, unha homenaxe aos homes e mulleres que co seu esforzo contribuíron a crear esta cidade eterna, Patrimonio da Humanidade.
Hai dous temas que están a espertar o interese e a reflexión da comunidade arquivística. Un é o da Administración electrónica e a obrigatoria implantación do Arquivo Único Electrónico en cada Administración pública a partir precisamente do mes de outubro deste ano 2018. Outro o dos novos modelos conceptuais de descrición arquivística que están a revolucionar visións e prácticas firmemente asentadas entre a comunidade profesional.
Sobre María Victoria Moreno e o seu legado queda aínda moito por dicir. Os vindeiros 27 e 28 de novembro dezaseis voces profundarán na vida e obra da protagonista do Día das Letras Galegas 2018 no simposio que a Real Academia Galega lle dedica a quen é unha figura central da literatura infantil e xuvenil galega, pero non só iso. O encontro pescudará na súa produción literaria e no perfil máis humano, mais tamén na importante acción cultural que empezou a desenvolver pouco despois de chegar a Galicia como docente.
Conferencia organizada pola Asociación Astronómica de Vigo. Para todos os públicos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Saramago tivo sempre unha relación moi persoal coa filosofía, e varios son os exemplos na súa obra, e tamén nos diarios, conferencias e entrevistas, onde xorden referencias a varios filósofos e filosofías.
A biblioteca da Fundación Granell acolle a charla de Xaquín Bermello Corominas Eugenio Granell: polémica en Guatemala. A charla achega, a través do estudo da documentación do artista, aos motivos, ao desenvolvemento e ás consecuencias do enfrontamento que acabaría obrigando a Granell a saír de Guatemala a Porto Rico onde Jaime Benítez, reitor da Universidade, o invita como profesor de arte.
Forma parte do ciclo Charlas na biblioteca.
A biblioteca da Fundación Granell acolle a charla de Leonel García Laborde La huella de las artes escénicas en la escritura de E. F. Granell. Buscará poñer o foco sobre todos os recursos e trazos das artes escénicas que están presentes na obra escrita de Granell, tanto nos textos dramáticos, como nas novelas, contos, relatos, ensaios, artigos, correspondencias, así como nas súas Memorias de Compostela.
Forma parte do ciclo Charlas na biblioteca.