A química e divulgadora científica Deborah García Bello derriba, da man da ciencia, uns cantos mitos e bulos que se difunden dende os medios de comunicación, a publicidade, as redes sociais e o boca orella xerando medos e desconfianza. Desinformacións que afectan ao noso día a día, en canto a alimentación, a saúde, a cosmética, a educación, o medio ambiente... e que coartan a nosa liberdade.
Grazas ao coñecemento científico tomaremos mellores decisións e, polo tanto, seremos máis libres. E o máis importante de todo: viviremos tranquilos e tranquilas.