Fisioterapia e alimentación saudable
A charla Fisioterapia e alimentación saudable fará fincapé nos nocivos efectos dunha vida sedentaria e na importancia de levar unha rutina saudable e unha nutrición sa. Enmárcase no programa de Ponteandadas 2020, que pretende poñer en valor a paisaxe, fauna, flora, cultura e patrimonio dos espazos naturais polos que discorre e fomentar a actividade física e a vida saudable.

