Café Con... Esther Xeix
O Café Con é un proxecto que busca achegar a arte a espacios diferentes dos convencionais e facilitar a comunicación entre público e artista. Para isto, organízase unha presentación da exposición arredor dun café. É un formato de mesa redonda, no que as e os artistas presentan a súa obra, acompañados doutros especialistas, e aberto á participación de calquera persoa. Esta é unha edición especial xa que serve de peche para unha etapa: despois de seis anos e múltiples artistas, a organización decidiu tomar un descanso.

