O mar por diante
Ciclo de conferencias "0 MAR POR DIANTE"
Organizado polo Ateneo de Pontevedra no Museo Massó
Os dias 6, 7 e 8 agosto 20.30 h.

Ciclo de conferencias "0 MAR POR DIANTE"
Organizado polo Ateneo de Pontevedra no Museo Massó
Os dias 6, 7 e 8 agosto 20.30 h.
O Ateneo de Pontevedra organiza o ciclo titulado "O mar por diante" a través do que abordará a pegada artística do poeta e xornalista Johan Carballeira, o fotógrafo José Suárez e a pintora Maruja Mallo, todos presentes en Bueu no verán do 36.
As charlas, que terán lugar no Museo Massó os días 6, 7 e 8 de agosto, ás 20.30h, seguirán este programa:
- Martes 6/08: "A mirada cruzada", sobre José Suárez e Maruja Mallo, a cargo de Xosé Luís Suárez Canal e Silvia García González.
Co gallo do 80 aniversario do exilio republicano español, a historiadora e escritora Encarna Otero Cepeda dá unha charla sobre María Miramontes e a súa época.
Coñecemos a activista e intelectual galega María Miramontes como muller traballadora e moderna, militante das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista, activista do Estatuto de autonomía de Galicia e do feminismo, o seu exilio na Arxentina e o seu esquecemento total na Galiza ata o centenario das Irmandades da Fala.
Esta conferencia enmárcase dentro das Xornadas Europeas de Arqueoloxía.
O responsable do Departamento de Arqueoloxía e Historia do Museo Provincial de Lugo, Enrique Alcorta, falará sobre as labores de catalogación que fixeron no museo sobre as pegadas que hai en diferentes lugares durante a época romana.
A conferencia será presentada pola directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro.
Na citada táboa participarán Dona Rosario Álvarez Blanco, Presidenta do Consello da Cultura Galega; Dona Marilar Jiménez Aleixandre, Tesoureira da Real Academia Galega e Dona Pilar García Negro, ex-parlamentaria autonómica do BNG.
As ponentes falarán de tódalas aquelas mulleres (escritoras, artistas, mecenas, científicas...) que ao longo da Historia contribuíron á valorización da cultura galega.
No Salón de Actos da Biblioteca.
Charla a cargo do profesor Francisco Durán Villa coa que quere recuperar para a sociedade actual o legado xeográfico de D. Antonio Fraguas a partir da súa obra Geografía de Galicia, publicada no ano 1953, enmarcándoa no contexto do pensamento xeográfico do momento e nas realidades desta disciplina nas escalas galega e estatal, sen perder de vista o pasado correspondente á etapa republicana, onde a escala galega adquire protagonismo e da que vai ser debedora a súa obra.
Charla coloquio SITUACIÓNS QUE NOS EXCEDEN, polo terapeuta humanista Carlos Ocampo Marín
Moitos de nós vivimos situacións que nos exceden pola súa intensidade e pola maneira como nos impactan. Vivímolas como experiencias ameazadoras ou abafadoras porque non temos os medios suficientes para facerlles fronte nin un apoio emocional adecuado.
Esta charla busca explicar a maneira como bloqueamos os nosos propios recursos interiores, e dar pistas sobre como podemos recuperalos para facer fronte a situacións difíciles, por que en ocasións nos exceden?
Conferencia “ANTÓN FRAGUAS: UN PERCORRIDO POLA SÚA VIDA”, por Héctor Cajaraville
O Oasis das palabras: encontro entre dúas poetas, María José Viz Blanco e Rosi Sarmiento
PRESENTACIÓN:
Ana Julia Martínez, escritora e guionista
ACOMPAÑAMENTO MUSICAL:
Jesús Garabato
Data: 15 de maio ás 19:00 h.
Lugar: Sala Montenegro
Entrada libre ata completar aforamento
O xornalista e escritor Diego Ameixeiras vén á biblioteca a conmemorar o Día do Libro connosco.
Nesta charla realiza, en clave irónica, un repaso dos problemas que rodean á literatura galega, con especial atención á súa invisibilidade e falta de lectores e lectoras.
No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.