Galicia. Un século de creación. 1916-2016
Vitor Vaqueiro será o encargado de iniciar as charlas deste outono o martes 16 de outubro ás 19 horas coa conferencia Exilios exteriores e interiores. De Mariñeiros (1936) a Imaxes abandonadas (1999) coa que fará un percorrido pola obra fotográfica de José Suárez, Ricard Terré, Blanco Amor, Virxilio Viéitez e Manuel Ferrol, conectando os proxectos de todos eles cos vitais que, ben por motivos políticos, ben económicos, ben pola indixencia intelectual propia da ditadura, están atravesados pola idea de exilio.

