Conversas con... Klauss Bochmann
Klaus Bochmann (Dresde, 1939) é dende 1971 profesor da Universidade de Leipzig, onde exerceu de 1978 a 1992 como titular de Lingua Romanesa, e de 1992 a 2004 como catedrático de lingüística francesa, francófona e italiana. As súas especialidades son a lingua romanesa e o seu parente o idioma moldavo, así como a sociolingüística das linguas romances, con atención ao estudo lingüístico dos textos políticos. Colaborou coa tradución ao alemán e a edición dos Cadernos do cárcere de Antonio Gramsci (10 vols.) e outros escritos deste autor e mais de Pirandello, Pavese ou Calvino.

