Magdalena Arau
Cal é o espazo do teatro, cal é o seu fóra. Dialogar cunha tradición, coas súas contradiccións: como esas forzas empúxanno a unha zona de fronteira. Pensar o teatro como un territorio onde toda enunciación se esvae, reducilo ao seu xesto mínimo. Obras como invocacións, que reconectan un espazo coñecido con relatos chegados doutra parte. Construír unha trama que lle engada espesura ao presente. Henry Moore, ao falar da escultura, reducía a ecuación a un enunciado tan claro como contundente: esta pedía desenvolver unha sensibilidade cara á tridimensionalidade das formas.

