Encontros monográficos co Patrimonio Cultural
A profesión arqueolóxica e o futuro dá comezo aos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural de 2017. Tras un ano de andaina, este ciclo de actividades continúa explorando diferentes proxectos que se levan a cabo en Galicia en materia de patrimonio cultural, xerando espazos de debate e reflexión, acollendo proxectos novos ou xa finalizados que, polo seu interese, excepcionalidade ou singularidade, demanden un debate público.

