Dinamización: PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2017

PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2017

Coñece os galardoados e galardoadas

Xohana Torres, Berta Álvarez Cáccamo, Mabel Rivera, Uxía Senlle, Oliver Laxe, o proxecto Apego, a Fundación Rosalía de Castro e Cristina Pato son os galardoados dos Premios da Cultura Galega 2017, nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultura e Proxección Exterior, respectivamente.

Ler máis

Os premios, un recoñecemento colectivo á traxectoria e á calidade do traballo de persoas e entidades a prol do desenvolvemento cultural, foron creados co obxecto apoiar a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia nos ámbitos das Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior.

Comparte