Luna + Ramírez Explosure
Ramírez Explosure tocará o seu repertorio antes que o grupo Luna, para comezar a darlle ritmo á noite. O cantante Victor Ramírez, presenta o seu novo disco Young Is The New Old. Trátase dun músico valenciano que non quere que a súa música se asocie con ningún ritmo actual. A súa melodía atópase dentro do pop pero con tinguiduras clásicas e nas súas letras representan recordos da infancia.

