Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Gelria: Cantos de Poeta

Antoloxía de poemas da lírica galega de todos os tempos, musicados por F. Mosquera e M. Cortizo, desde o Rexurdimento de Curros Enríquez e Rosalía de Castro ata autores actuais como Xosé Luis Méndez Ferrín ou Chus Pato.

Antoloxía poética musicada” na que percorren boa parte da historia literaria galega. A música respira sons da tradición mais tamén do jazz ou da música contemporánea.

Elena Tarrats, Mario Cortizo e Federico Mosquera son Gelria; nome do buque holandés no que Manuel Antonio nos anos 1928 e 1929 realiza tres viaxes a América.

Galego

Alcemos a voz contra a Sida

Concerto co barítono Borja Quiza, a cantante Pili Pampín e a gaiteira Susana Seivane.

Comité Antisida da Coruña fai os seus 25 anos como ONG na cidade, xa non só actuando fronte ao VIH e a Sida, senón tamén como un punto de calor, comedor social, pisos de exclusión social, etc.

Prezo: 10,00 euros

Máis información, aquí.

Galego

A música amorosa das palabras

A Casa-Museo Manuel María quere pórlle o ramo a tan fecundo ano das Letras Galegas dedicado ao escritor acompañando, de novo, os seus versos do cálido acompañamento de tres das mellores voces do panorama musical galego actual: Uxía, Xabier Díaz e Guillerme Fernández. Todos tres teñen no seu haber teren xa musicado con anterioridade a poesía de Manuel María e, neste remate de ano, farano de novo. 

Será na cidade na que Manuel María pasou a última etapa da súa vida.

Galego

ELE

Inmersa na nova cruzada do soul alternativo, Summer Rain é a súa carta de presentación e o disco para afondar no outono. A melancolía, a nostalxia e o optimismo como solución final son as premisas desta proposta de once cancións, que se pasean polos claro-escuros da existencia con elegancia e sinxeleza. Desde temas que brillan no carpe diem, a base de reminiscencias americanas e guitarras.

Summer Rain é unha aposta pola cara máis alternativa do rhythm and blues contemporáneo.

Galego

IX Concerto de Nadal. Unha frauta chea de contos

Concerto didáctico de frauta traveseira, violín e violoncello a cargo de Luis Soto, profesor de frauta na Real Filharmonía de Galicia e no Taller Atlántico Contemporáneo (TAC), e os seus fillos Lucas e Cecilia.

Con este espectáculo tratan de introducir aos nenos e nenas no mundo da música clásica a través dos contos.

Os participantes poden levar o seu instrumento e tocar co trío ao rematar o concerto.

Salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Uxía & Joao Gentil

De cando en vez o extraordinario acordeonista de Portugal Joao Gentil mais Uxía xúntanse para recrear cancións nosas, universais, do tango ao vira, do alalá ao fado ou á chanson. 
Será unha nova oportunidade para lembrar e cantar a quen tantas noites actuou neste lugar, ao ben presente Fran Pérez 'Narf'.

Galego

Lestrato Fest

O Lestrato Fest comeza coa banda galega Cora Sayers,  álter ego da actriz Cora Velasco, e será a primeira en subirse ao escenario ás 20.15 horas.

Unha hora despois, fará o propio a banda de Copenhague  Bite The Bullet coa súa proposta de fuzz-rock, aires psicodélicos e auténtico rock and roll.

E como colofón, a partir das 22.15 horas, os encargados de poñer a música serán os cataláns Sons of Meteora. 

As entradas teñen un prezo de 10 euros e están dispoñibles na Internet e no propio Auriense. 

Galego

Silvia Penide

Silvia Penide presenta durante 2016 o seu LP Todo pintado de plata  acompañada do guitarrista Rubén Barros e co teclista Serxio Moreira, co que as suas cancións gañan en matices e expresividade. Mantén un formato íntimo pero ao mesmo tempo posibilita unha musicalidade máis ampla.

Galego

Voces Femininas

Voces Femininas é unha fiestra para grandes voces e compositoras de nivel internacional que permite achegalas ao gran público. Con esta filosofía xurdiu o festival en 2008, unha cita que xa merece o recoñecemento no ámbito das artes. Neste 2016 é a súa edición número nove. Nesta ocasión conta coas actuacións de Sóley e Anaïs Mitchell.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto