Alejo Amoedo e Susana de Lorenzo
Susana de Lorenzo, canto
Alejo Amoedo, piano Abraham Cupeiro, gaita

Susana de Lorenzo, canto
Alejo Amoedo, piano Abraham Cupeiro, gaita
“Parábase” é unha peza en sete partes que atende ao curso desas relacións especulares e á converxencia dos xestos asimétricos, una especie de construción antifonal sobre a dificultade de concibir calquera identidade. Foi creada especificamente por Pablo Seoane para Espazos Sonoros e para os órganos da igrexa de San Salvador de Lourezá.
María Giménez, voz, fídula oval, pandeiro
Valentín Novio, laúde medieval
Pablo Carpintero, instrumentos de vento e percusións do seu obradoiro tradicional
Manseliña toma o seu nome dun poema de Estevan Coelho, xograr portugués do s. XIII, no que se atopa unha das poucas e ambiguas referencias á interpretación vocal da música medieval.
Xesús Vaamonde, gaitas, zanfona, instrumentos de vento, percusión e voz
Xosé Lois Romero, acordeón, instrumentos de percusión e voz
Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero presentan en Espazos Sonoros unha completa viaxe a través das ferramentas da tradición musical de Galicia: os instrumentos populares galegos.
Xavier Díaz-Latorre, guitarra medieval, renacentista, barroca e viola de man
O guitarrista catalán Xavier Díaz-Latorre presenta en concerto en Espazos Sonoros un programa que fai un percorrido pola historia da música, desde a Idade Media ata o Barroco, no que mostra a evolución dun instrumento —a guitarra— desde as súas formas máis arcaicas, a guitarra medieval e renacentista, pasando pola viola de man, ata chegar á guitarra barroca.
Chega o concerto do artista mundial máis coñecido na actualidade, Luís Fonsi, que actuará o 25 de xullo no Instituto Feiral de Vigo e vai presentar o seu novo single Despacito que ten xunto con Daddy Yankee.
Esta canción é un gran éxito a nivel internacional e o videoclip oficial obtén 1,2 millóns de reproducións en Youtube.
Rosana Orsini, soprano
Manuel Vilas, arpa barroca italiana
Marco Brescia, clave italiano
Miguel Bosé actuará o 25 de xullo no Auditorio de Castrelos a partir das 22:00, o seu concerto está englobado dentro das Festas de Vigo deste ano.
Este artista español obtén un gran éxito desde hai moitos anos polas súas cancións, dándolle unha gran traxectoria no panorama musical do mundo. Na súa nova xira presenta o seu single Estaré que obtén moito éxito entre toda a poboación.
No concerto ademais pódese gozar das súas cancións máis coñecidas desde hai anos como Amiga, Linda ou Amante bandido.
A banda The Limboos combina o R&B coas influencias da música cubana, creando un estilo fresco e divertido que eles mesmos denominan como Rhythm & Blues exótico.
O primeiro disco da banda titulouse Space Mambo e recentemente publicaron Limbootica, o seu segundo disco, no que realizan homenaxes a outros estilos como o gospel, o swing ou a bossa brasileira.
Nova sesión de maridaxe entre os sabores do viño e diferentes expresións artísticas.
A nova edición de Enocións by Ribeiro contará coas poetas Yolanda Castaño e Lucía Aldao como presentadoras dunha cata na que o público degustará diversos viños da D.O. Ribeiro e gozará dun concerto.