Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

ELE en concerto

ELE ( Elena Iturrieta) presentando o seu primeiro traballo denominado " Summer Rain". Un concerto de soul e blues, con aires de folk americano, na compaña da súa banda e o coro gospel. Unha delicia para todolos públicos

Galego

Maneida

A banda de rock alternativo Maneida, actúa na Sala Super8 de Ferrol o venres 4 de agosto desde as 22:30, ademais contan con entrada gratuíta. Esta banda nace no territorio de Ferrolterra no ano 2014 e o seu estilo representa unha mestura entre rock e pop. Están pendentes de presentar o seu primeiro disco este mesmo verán e cada día contan cun maior número de seguidores. Os integrantes do grupo son Nelson Gómez, Julián Martínez, Javier López e Eduardo Núñez.

Galego

Ópera Carmen. Concerto escenificado

Camerata Lirica para este 2017 acomete a espectacular e dramatica ópera Carmen, en formato adaptación escenificada.

Ópera  que conta cunha formacion de 6 voces solistas e acompañamento de piano. Traxes de epoca, mobiliario e proxeccións.

A ópera Carmen composta de G. Bizet é unha de óperas  máis representadas de todos os tempos, xunto á Frauta Magica e A Traviata, o que indica a súa vixencia e o exito que segue alcanzando dende a súa estrea en Paris en 1875.

Galego

Brinkadelia Troupe en concerto

Dende terras galegas e para toda a galaxia unha nova explosión de son e enerxía positiva, unha reacción en cadea que ameaza con sacudir a mecánica dos vosos corpos cun forte boom! de ritmo triturador e boas vibracións..ska,reggae,funk,rock,balkan,rap...música para que o público non pare de brincar..festa asegurada..somos pensadores consagrados, a nosa filosofía é universal "love to eveyone" amor para todos.

 

 

Galego

Jarabe de Palo

Despois de case dous anos sen presentar nada novo, Jarabe de Palo vén presentando o seu novo disco 50 PALOS. O concerto será na Praza María Pita o venres 4 de agosto ás 22:30.

Despois de vinte anos ofrecendo a súa musica con grandes éxitos por todo o mundo, a banda latina de rock internacional segue mantendo o estilo das súas cancións tradicionais pero con ritmos actualizados da música de hoxe en día.

Galego

Tres Pesos

Felisa Segade, voz e percusións tradicionais
Xosé Antón Ferreira, gaita, clarinete, voz e percusións
Estevo Lamas, acordeón, voz e percusións

Felisa Segade, Estevo Lamas e Xosé Antón Ferreira (Pepe de Calo), tres músicos de fonda traxectoria no eido da música tradicional, son os impulsores do proxecto Tres Pesos. Tres xeitos de facer, tres adictos á nosa música, tres caras da mesma moeda para pechar o festival De Perto.

Galego

AAF60 en concerto

Alberto Cunha (guitarra e voz), Andrés Cunha (baixo eléctrico e voz) e Rafael Otero "Feluco" (batería), únense para recuperar a música dunha das mellores décadas músicais, os anos 60...

E fanno en formato trío para facer un percorrido polas cancións máis recordadas de Los Brincos, Los Mustang, Lone Star, etc... sempre con moito humor e saber facer, para crear unha atmósfera especial e lembrar os mellores éxitos musicais dos anos 60 e 70.

Galego

Luna + Ramírez Explosure

Ramírez Explosure tocará o seu repertorio antes que o grupo Luna, para comezar a darlle ritmo á noite. O cantante Victor Ramírez, presenta o seu novo disco Young Is The New Old. Trátase dun músico valenciano que non quere que a súa música se asocie con ningún ritmo actual. A súa melodía atópase dentro do pop pero con tinguiduras clásicas e nas súas letras representan recordos da infancia.

Galego

Cancións para desafinar

Músicos:
Paco Cerdeira (guitarra)
Ánxelo de Xermar (baixo)
Paula Romero (voz)
Rodrigo Muñoz  batería)

A gramola gominola é un grupo de música rock para público familiar que presenta o seu novo libro/CD editado por Galaxia.
Neste proxecto o grupo aposta polo rock en galego, grandes temas que poderedes escoitar cos vosos fillos. Unha proposta de calidade que garante diversión a través da música.

No seu repertorio hai temas de diferentes ritmos musicais que van dende o rock, disco, reggae ou punk.
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto