Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Tamara

Tamara é unha cantante pop moi coñecida no panorama nacional. As súas primeiras melodías eran interpretacións para as películas de Walt Disney. Posteriormente aparece na televisión cando ten once anos, onde canta un tema de Pocahontas nun concurso musical. Por mor desa actuación fíxose famosa no mundo televisivo e deixa esa faceta para converterse nunha cantante a nivel profesional.

Galego

Salavelatoria e ANTICED

Noite de metal no Liceo Mutante.

Salavelatoria formouse en Pontevedra en decembro do 2014 para velar polas almas impías, cando catro músicos da vella escola (entre os catro acumulan xa estancias en Dismal, To Nowhere, Killer Barbies, Flip Corale e tantas outras formacións do diaño) deciden invocar ao maligno axente augarrás. Con Base en Tourón, estes catro mangantes veñen presentar o seu novo material, un trallazo de thrash metal old school, un presente para os fillos da Panteira.

Galego

Fangoria

O éxito do grupo de electropop Fangoria, que nace nos anos setenta, vén porque se trata dun grupo que interesa a todas as xeracións. Isto débese a que mesturan ritmos das cancións antigas dos oitenta con bases electrónicas ou do pop actual. Por iso ten unha gran traxectoria musical que non para desde que se crea o grupo.

Os integrantes son Alaska, que se ocupa de darlle voz e Nacho Canut que se encarga dos teclados e o baixo. Os dous teñen unhas características especiais e danlle un look especial e reconocible á banda.

Galego

Igual es diferente

ZAPA! é un trio de rock formado en Compostela por músicos de tres xeracións. Iníciase en 2015 ao redor das composicións de Martin Zapata, guitarrista e cantante. Con Fran Facal á batería e Jacobo García ao baixo dan forma a un rock potente e denso, que nos leva desde o son dos 70s ata o stoner actual. Na súa primeira gravación (Igual é diferente; 2017) denuncian a contaminación do mercantilismo no cotián, o amor e a arte, mostrando reacción contra o esmagador poder do falso e o aparente, en cinco exemplos de furia transformada en celebración catártica

Galego

The Soul Breakers

The Soul Breakers é unha banda que aúna swing, funk, soul, rhythm&blues e rock para dar un son intenso a través dun show dinámico e transmitir a amálgama de emocións ao público a través das súas composicións.

Os seus compoñentes, con traxectorias amplas no mundo da música, reuníronse para dar renda solta a un proxecto común cheo de forza, expresividade e matices, a través dun intenso e variado repertorio con vocación de directo.

Galego

Green wiht envy

Valentín Caamaño mostra e demostra con sinxeleza e mestría en oito cortes que é capaz de traer o pasado ao presente nunha viaxe sonora en grao sumo pracenteiro, que o be-bop está moi vivo e que non é só unha peza de museo" (Enrique Farelo sobre "Green With Envy", Tomajazz, febreiro 2017)

Novo proxecto paralelo do guitarrista compostelán Valentín Caamaño, no que rende homenaxe ao gran guitarrista Grant Green. Dedicado á súa memoria e sempre co blues como raíz e referencia, é capaz de captar a esencia da súa música e interpretación, pero a través da súa persoal forma de entendelas.

Galego

Roi Casal

Roi Casal é un cantautor que representa cancións da cultura galega en todas as súas xiras e quere impulsar a identidade propia de Galicia para que nunca se esqueza.

Galego

Mamá Cabra. A festa continúa

Mamá Cabra presenta un novo espectáculo en grande formato e no que fará un percorrido pola historia do grupo e das súas mellores cancións.
 Unha proposta diferente no que se amosará unha nova Mamá Cabra disposta a seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda.

Mamá Cabra é o grupo de música infantil pioneiro na produción de espectáculos musicais pensados para o público infantil.
 Despois de 15 anos de historia, Mamá Cabra consolidouse como unha bandas de música infantil de referencia que reúne a miles de persoas  siareiras.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto