Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Aire de María Fumaça

Aire é un proxecto musical de celebración da vida. Os artistas convidan o público a viaxar canda eles no tren máis festeiro que nunca houbo nen haberá. Nos seus vagóns, o ambiente é sempre de festa porque é unha viaxe entre amigas e amigos.

 

Galego

Dani Martín

O cantante madrileño interpretará témas do seu novo disco La montaña rusa que foi gravado nos míticos estudos musicais de Abbey Road en Londres.

Este novo traballo caracterízase pola volta a unha música máis enérxica.

Galego

Caxade

Caxade é un grupo galego de indie e folk. Este grupo quere manter o estilo da música tradicional galega, pero modernizada con ritmos de música pop e indie. 

A banda fórmase no ano 2012, con Alonso Caxade como vocalista principal e o encargado do acordeón. Ademais acompáñano Manu Espinho, Manu Paino e Xosé Tunhas.

Realizarán unha actuación como parte do programa das Festas da Peregrina de Pontevedra.

Galego

Ataque Escampe

Ataque Escampe é un grupo musical fundado no 2001 en Santiago. Nos seus inicios definíase a si mesmo como facedores de "música de serie B" con letras en galego, cun ton buscadamente afeccionado e unha expresa vontade de experimentación lúdica.

A partir do 2012 empeza a súa andaina máis profesional, ao tempo que o seu estilo evoluciona. Pop ecléctico con influencia de diversas tradicións estadounidenses, desde o soul ao funk

O grupo está composto por Miguel Mosqueira, Xoán Lois García, Álvaro Trillo, Samuel Solleiro e Roi Vidal.

Galego

Xardín Desordenado

Tres dos compoñentes de Xardín Desordenado presentarán o seu novo traballo, dedicado a Carlos Casares, autor do Día das Letras no 2017.

Trátase dun traballo peculiar, xa que por primeira vez se inclúen cancións compostas sobre relatos, o que supuxo un esforzo adicional, pero tamén a vantaxe de que as historias contadas favorecen o formato canción.

Galego

Artabe

Artabe comezou a súa traxectoria nos anos noventa, e dende esa época foi evolucionando na súa música ata chegar ao seu último disco "Punto Cero".

Este novo traballo destaca por un son máis eléctrico e elaborado e con temas máis cercanos ao pop e ao rock.

Galego

De Vacas

De Vacas é o proxecto musical das vocalistas Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero, ao que decidiron incorporar a Guillerme Fernández (guitarra). Déronse a coñecer a través de internet cunha sorprendente versión do Gangnam Style, de Psy. E iso que, cando decidiron poñer en marcha o experimento, pretendían ser un grupo de versións das Spice Girls, pero Guillerme convenceunas para amplar o abano de artistas aos que versionar. 

Esta programación pode variar. Cómpre consultar os horarios definitivos nos espazos de programación. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto