Juan Abarca+ Kondiós
O músico e escritor Juan Abarca acode en solitario ao Café Auriense para tocar os temas do seu disco La caja de nada (2012). Juan Abarca é coñecido por ser o cantante e guitarrista do grupo Mamá Ladilla. Ademais, Abarca acaba de publicar o seu libro Diccionario jeroglífico, tras o éxito do seu anterior libro Dios es chiste.
Este polifacético músico tamén forma parte do grupo Dixlexsia e do grupo Engendro.
Durante o concerto tamén actuará o músico Kondiós.

