Malandrómeda
Os reis do rap galego inauguran o Atardecer no Gaiás 2017. En formato DJ, Malandrómeda abrirá a festa o vindeiro 6 de xullo, enchendo a praza central da Cidade da Cultura coas súas rimas de batalla e ritmos imaxinativos.

Os reis do rap galego inauguran o Atardecer no Gaiás 2017. En formato DJ, Malandrómeda abrirá a festa o vindeiro 6 de xullo, enchendo a praza central da Cidade da Cultura coas súas rimas de batalla e ritmos imaxinativos.
O músico, pintor e cineasta Franco Battiato acode á cidade da Coruña para actuar no Palacio da Ópera.
Battiato deuse a coñecer na década dos sesenta, cando se mudou a Milán e conseguiu o seu primeiro contrato muscial, aínda que non foi ata os anos setenta cando Battiato saltou á fama, co lanzamento do seu disco A convenzione paranoia, un disco de ciencia-ficción de rock progresivo.
O músico e escritor Juan Abarca acode en solitario ao Café Auriense para tocar os temas do seu disco La caja de nada (2012). Juan Abarca é coñecido por ser o cantante e guitarrista do grupo Mamá Ladilla. Ademais, Abarca acaba de publicar o seu libro Diccionario jeroglífico, tras o éxito do seu anterior libro Dios es chiste.
Este polifacético músico tamén forma parte do grupo Dixlexsia e do grupo Engendro.
Durante o concerto tamén actuará o músico Kondiós.
O Festival Internacional Peregrinos Musicais está organizado pola Asociación Peregrinos Musicais, co obxectivo de unir a solistas de todas as partes de Europa a través do Camiño de Santiago, promover e dar oportunidades aos novos artistas galegos e achegar as culturas de todos os países participantes.
Maestros e Laureados é un ciclo dentro do festival que une a mestres consagrados con intérpretes noveis de gran talento.
O barrio de San Pedro acolle unha ampla programación cultural, social e tamén musical para todas as idades na súa semana de festas, na que se atopan estes tres concertos de Atrás Tigre , Zënzar e Rebeliom do Inframundo
Máis información, aquí.
Susana Seivane interpreta algúns dos seus temas máis coñecidos. Unha proposta musical de calidade xunto o Orfeón Mariñeiro do Berbés.
Grupo que mantén un diálogo musical entre todos o seu compoñentes co obxectivo final de facer desfrutar ao público.
Compoñentes:
Kely García (guitarra eléctrica)
Antonio López “Monano” (teclados)
Gustavo Hernán (baixo eléctrico)
Diego Valero “Noti” (batería)
The Wheels é unha agrupación creada en Mallorca en 2010, cando os seus integrantes eran aínda adolescentes. En 2013 publicaron o seu primeiro disco, o EP Great Frustrations.
Tras o éxito entre a crítica deste disco, dous anos máis tarde publican Born to Fly, un disco no que se confirman na súa música a influencia de grupos como os Beatles, The Eels ou a banda de rock psicodélico Tame Impala. O último disco publicado por The Wheels é The Year of Monkey, un disco co que a agrupación trata de homenaxear a artistas como David Bowie ou Prince.
A Polifónica Coruñesa Canticorum celebra con música coral o noveno aniversario da designación da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade. A Torre de Hércules obtivo esta distinción o 27 de xuño de 2009 e desde esa data todos os anos celébrase un concerto de aniversario.
Este ano Canticorum contará coas actuacións das seguintes agrupacións:
O libro-disco Pitusa Semifusa vía a luz en 2014 (Sonárbore, ed. Galaxia) co obxecto de ensinarlles ás cativas e cativos as familias de instrumentos de forma divertida. Dende aquela, Pitusa Semifusa percorreu unha morea de escenarios facendo as delicias da cativada cun espectáculo moi participativo.
Desta volta, coa presentación do novo libro-disco e novo espectáculo "Pitusa Semifusa e os estilos musicais", o rock, o funky, o reggae, etc. acompañarán ás máis pequenas e pequenos cun espectáculo cheo de enerxía.