Músculo!
Atardecer no Gaiás pecha xullo cos sons electrónicos de Músculo!. a banda de Valga que reina coas súas melodías contundentes e bases rítmicas imparables. Pop electrónico con tintes kraut para bailar sen parar

Atardecer no Gaiás pecha xullo cos sons electrónicos de Músculo!. a banda de Valga que reina coas súas melodías contundentes e bases rítmicas imparables. Pop electrónico con tintes kraut para bailar sen parar
Acordeonista e compositor, Víctor Prieto está revolucionando este instrumento con novos sons e técnicas. Jazz, tango, música clásica e raíces celtas sairán do acordeón dun dos nosos músicos máis internacionais.
Rock, funk, reggae… Con tres discos editados e unhas cancións de aires frescos e divertidos, o cantautor nado en Río de Janeiro pero afincado en Pontevedra amosará na praza central do Gaiás o seu directo realista, romántico e versátil.
Sen etiquetas, nin fronteiras, nin límites. Con esta filosofía, C. Tangana é hoxe unha das grandes figuras da música urbana nacional, cun hip hop que tende pontes cara a outros xéneros como o pop alternativo, a electrónica ou o reggaeton.
Considerada pola crítica como a banda líder da nova escola peruana, Bareto volve a Compostela tras o seu paso polo Womex coa cumbia e a música tropical alternativa que lle valeu dúas nominacións nos Grammy latinos.
Son cinco amantes do pop e do rock, constitúen un dos conxuntos músico-vocais con máis tirón do panorama musical galego e xuntos forman unha gran familia: Familia Caamagno. De Sigüeiro ao Gaiás para facernos bailar sen límites.
O son psicodélico pono a banda brasileira Boogarins, banda que combina á perfección a tradición do tropicalismo e unha ollada moderna ao rock en portugués. Na praza central do Gaiás gozaremos cos seus ritmos e coas cancións do seu último disco: Lá Vem a Morte.
Sesión de cine ao aire libre en homenaxe a The Beatles: 50 anos de publicación do Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band. Con Alfonso Espiño DJ + Cine: Eight Days a Week.
Carla Morrison, posuidora de tres Grammys latinos, chega ao Gaiás tras percorrer o continente americano co seu último traballo Amor Supremo. Beleza feita música na voz desta mexicana convertida nunha das máis importantes figuras do pop alternativo.
Maltrato ruidista extremo, ritmos repetitivos e envolventes, esqueletes de melodías rotas por repentinas descargas de berros salvaxes. Así se presenta Fasenuova, banda de Mieres que promete, tras a súa actuación na praza central, deixar rastro.