Raigañas + Mercedes Peón + Warsaw Village Band
O Festival Terra da Fraternidade forma parte das Festas do Apóstolo de Santiago e quere fomentar a interculturalidade e conformar un relato dunha Compostela diversa e aberta ao mundo.

O Festival Terra da Fraternidade forma parte das Festas do Apóstolo de Santiago e quere fomentar a interculturalidade e conformar un relato dunha Compostela diversa e aberta ao mundo.
Música persoal, visceral e valiente. Así soa Triángulo de amor bizarro, a banda galega que alcanzou o éxito cunha base de guitarras distorsionadas ao límite, ritmos frenéticos e letras crípticas.
O directo é o punto forte desta banda sen límites caracterizada por un post-rock hipnótico e letras en castelán. Ao Gaiás chegan baixo o brazo con ‘Rojo es peligro’, o seu cuarto e último disco, unha oda á experimentación.
Da rúa a xiras internacionais. Esta é a historia de Kikagaku Moyo, quinteto xaponés que mestura psicodelia, folk, prog-rock ou folk cunha conexión brutal co público, levándoos a acadar o éxito con discos como House in the Tall Grass.
Terbutalina faiche bailar como se te duchases todos os días en augardente. Terbutalina é garage-punk festeiro disparado por cinco asmáticos da costa oeste amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos imputados.
Pop bizarro, pop populista, art-rock electrónico… Carlos Ballesteros e Genís Segarra son Hidrogenesse, dúo inclasificable que celebrará no Atardecer no Gaiás dezaoito anos animando as pistas de varios continentes.
Presume de ser o primeiro grupo de Trap en galego. Mais a súa música é universal e seus os directos unha conexión total na que non poderás deixar de bailar ao son dos seus ritmos hipnóticos e minimalistas e do seu flow costumista.
O pop das cousas pequenas. Así poderíamos definir as letras de Espanto, dúo de Logroño que se convertiu en 2011 nunha das revelacións máis importantes da escena indie. Ao Gaiás traerán ‘Fruta y Verdura’ (2016) e algo de ‘Rock’n Roll’ (2008).
O pop folkie de Manel contáxiase de sintetizadores, teclados e ritmos latinos no seu último disco ‘Jo Competeixo’, que presentará en Atardecer no Gaiás xunto cos temas que os colocaron no máis alto das listas nacionais.
Homenaxe a The Who: 50 aniversario de My Generation. Morcego DJ + Sesión de cine ao aire libre: Quadrophenia.