Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Fran Fernández

"Lo que llevamos dentro" é o novo traballo do músico de Granada. Trátase dun disco - libro no que o autor desenvolve cada tema musical contando como foi a experiencia creativa. Como nos seus anteriores traballos seguen estando presente o amor, a vida e as súas circunstancias nas súas cancións. Ademais desta volta tamén inclúe algúns poemas inéditos.

No novo disco contou coas colaboracións de Carlos Goñi de Revólver, Funambulista e algúns artistas mexicanos.

Galego

Berlai

Logo de presentar con éxito o seu primeiro disco, 'Desconhecido', o pasado decembro, Berlai ofrecerá un novo concerto. Será un concerto especial, con toda a banda ao completo, e con Ernesto G. Torterolo -autor do cómic que acompaña o disco- debuxará en directo, como parte do espectáculo. 

‘Desconhecido’ é unha historia de amor e de tolemia contada en músicas e letras/poemas de Xiao Berlai e debuxos do artista Ernesto G. Torterolo. Unha historia do Far West galego, unha historia (real) dun home solitario que preferiu vivir e morrer só porque non lle deixaron vivir como el quería. 

Galego

Píscore

Félix Rodríguez, Pepe Varela ,Diego Rosal e Pablo Cabanelas.

Píscore son catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Catro músicos dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.

Galego

Cro + Forastero

O grupo vigués Cró! xorden en 2007, dous anos máis tarde lanzan o seu primeiro traballo Cró! e inician unha xira por todo o territorio nacional, 2012 é o ano do lanzamento de Onkalo o seu segundo disco de estudo, tras gañar o Vila de Bilbao Pop-rock en 2013, en 2014 lanzan 'Pera'. En decembro de 2016 presentaron o seu disco Mounstros, o próximo 9 de xuño estarán na Iguana Club para víraa presentación do álbum.

Galego

Velada musical

Velada musical do cantautor e poeta Joaquín Palacios co gallo do Día Internacional dos Arquivos.

Este concerto forma parte do programa de actividades do Arquivo Pronvicial de Pontevedra por esta efeméride e que podedes consultar aquí.

Galego

Electra

Completan a formación Alvaro Dorda á voz (Mandrágoras, Ultracuerpos, Rockers go to Hell), Miguel Martínez ao baixo (Rockers go to hell, MEU, Pardo), Ramón Alonso, guitarra e coros (Ultracuerpos, Sensacional), Enrique Otero aos teclados (Kozmic Muffin, Banda Crebinsky) e Adrián Seijas, batería e coros (Misterioso viaje a Holanda). Todos eles músicos de sobrada e demostrada experiencia no panorama nacional.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto